Quen somos



A Escola da Rúa nace no ano 2003 en Carballo co propósito de converterse nun referente musical para toda a comarca de Bergantiños e limítrofes.

Para acceder á Escola da Rúa non se require experiencia musical previa. Podes elixir o instrumento ou estilo de baile que prefiras, sen límite de idade.

Ademáis, ó final do curso, @s alumn@s gravan un disco no estudio de gravación da escola, cos temas que se preparan ó longo do curso.

Pretendemos que a Música e a Danza teñan para os nosos alumnos un compoñente lúdico, emocional e creativo, a través dun plan de estudios flexible.

Ven...e aprende divertíndote!!